Resolución de 20 de julio de 2011, de la Consellería de Trabajo y Bienestar, por la que se acuerda la inscripción, depósito y publicación del Convenio colectivo para el sector de transporte de mercancías por carretera de la provincia de Lugo
- ÓrganoCONSELLERIA DE TRABAJO Y BIENESTAR
- Publicado en
- Vigencia desde 01 de Enero de 2011. Revisión vigente desde 26 de Marzo de 2013


2022 Práctica Laboral para abogados
LibrosDesde 86,94 €(IVA Inc.)Más info.Estatuto de los Trabajadores. Comentado y con Jurisprudencia (4.ª Edición)
LibrosDesde 176,85 €(IVA Inc.)Más info.Tiempo de trabajo, descansos y permisos retribuidos
LibrosDesde 30,63 €(IVA Inc.)Más info.Capital Humano Sector Privado
Periódicos y Revistas282,88 €(IVA Inc.)Más info.TODO Social (Suscripción)
Obras ActualizablesDesde 183,77 €(IVA Inc.)Más info.
Sumario
- Expandir / Contraer índice sistemático
- INTRODUCCION
- CAPITULO I. CONDICIÓNS XERAIS
- CAPITULO II. XORNADA, VACACIÓNS E DESCANSOS
- CAPITULO III. RETRIBUCIÓNS
- ARTIGO 14 SALARIO DE CONVENIO
- ARTIGO 15 ATRASOS DE CONVENIO
- ARTIGO 16 PLUS DE CONVENIO
- ARTIGO 17 ANTIGÜIDADE
- ARTIGO 18 PAGAS EXTRA
- ARTIGO 19 COMPLEMENTO PERSOAL DE IDIOMAS
- ARTIGO 20 PLUS DE PERIGOSIDADE
- ARTIGO 21 PLUS DE TRABALLO EN PLATAFORMAS LOXÍSTICAS CON CÁMARAS DE FRÍO
- ARTIGO 22 PLUS DE QUEBRANTO DE MOEDA
- ARTIGO 23 AXUDAS DE CUSTO
- ARTIGO 24 CLÁUSULA DE INAPLICACIÓN SALARIAL
- CAPÍTULO IV. ACCIÓN SOCIAL
- CAPITULO V. CONTRATACIÓN
- CAPITULO VI. DEREITOS SINDICAIS
- CAPÍTULO VII. DISPOSICIÓNS VARIAS
- DISPOSICIONES
- DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Visto o texto do convenio colectivo para o sector TRANSPORTE DE MERCADORIAS POR ESTRADA, da provincia de Lugo, asinado o día 27 de xuño de 2011, pola representación da Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías por Carretera (TRADIME), Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Fraccionada, Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Completa e das centrais sindicais CCOO (69.86 %), UGT (19.18%) e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.
ESTA XEFATURA TERRITORIAL, ACORDA:
Primeiro: Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta Xefatura, así como o seu depósito.
Segundo: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
CAPITULO I
CONDICIÓNS XERAIS
ARTIGO 1 ÁMBITO FUNCIONAL
As disposicións do presente Convenio obrigan a tódalas empresas e traballadores da provincia de Lugo que teñan as súas actividades reguladas polo Acordo Xeral para as Empresas de Transportes de Mercadorías por Estrada vixente en cada momento.
Para maior concreción indícanse seguidamente:
Servicios regulares de mercadorías, servicios discrecionais de mercadorías, transporte de pescado, transportes frigoríficos, transportes líquidos, transportes especiais (grúas, etc.), transportes locais de mercadorías, explotación de túneles e autoestradas, garaxes, aparcamentos e servicios de lavado e engraxe, despachos auxiliares ou centrais de FFCC con vehículos automóbiles, transportes de mobles, mudanzas gardamobles, servicios de aluguer de coches con ou sen conductor, actividades de mensaxería e loxística, entendendo por esta última a que cubre a planificación, organización, xestión, supervisión e realización de actividades de transporte de mercancías na cadea de suministro, esto é, toda-las actividades empresariais que requiran títulos habilitantes de transportista ou de operador de transporte, independentemente de si as mesmas se realizan ou non a temperatura controlada.
ARTIGO 2 ÁMBITO TERRITORIAL
O presente Convenio será de aplicación en toda a provincia de Lugo, quedando sometidas a el tanto as empresas xa existentes como as de nova creación radicadas no ámbito territorial, ou que aínda tendo o seu domicilio social noutro lugar, teñan establecementos na provincia de Lugo, en canto ó persoal adscrito ós mesmos.
ARTIGO 3 ÁMBITO TEMPORAL
O presente Convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2011, finalizando o día 31 de decembro do ano 2013.
ARTIGO 4 DENUNCIA
Ao extinguirse o período de aplicación e vixencia do presente Convenio, este considerarase expresamente denunciado, sen necesidade de efectuar ningún trámite, manténdose a vixencia dos seus contidos normativos ata a firma de outro que os sustitua.
ARTIGO 5 INTERPRETACIÓN DO CONVENIO
Para a interpretación do contido deste Convenio, vixiar o seu cumprimento e, en xeral, para atender a aquelas cuestións que poidan derivarse da aplicación do mesmo, crearase unha comisión mixta paritaria formada, dunha banda, por dous representantes de cada unha das Asociacións Patronais asinantes do Convenio e, doutra banda, por catro representantes da central sindical CC.OO. e dous representantes da central sindical UGT.
Aos efectos de notificación e remisión de consultas, fíxase como domicilio da Comisión Mixta Paritaria o seguinte: Praza Santo Domingo, nº. 6-8, 2ª planta, Lugo.
En todo caso, as consultas efectuadas á Comisión Mixta Paritaria responderánse por escrito, levantándose acta dos acordos correspondentes.
No caso de desacordo, as partes someteranse á arbitraxe do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación, sen perxuizo das competencias que correspondan á xurisdicción laboral.
ARTIGO 6 VINCULACIÓN Á TOTALIDADE
As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, a efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.
No caso de nulidade parcial por modificación de calquera das condicións, quedará na súa totalidade sen eficacia práctica, debendo negociarse todo o seu contido. Non obstante o anterior, en tanto en canto non se renegocie o contido do Convenio, se aplicará éste provisionalmente, comprometéndose as partes asinantes a iniciar a renegociación do Convenio nun prazo máximo dun mes a contar dende a declaración de nulidade parcial.
ARTIGO 7 LEXISLACIÓN SUPLETORIA
En todo o non recollido no presente Convenio estarase ao que determine o Acordo Xeral para as Empresas de Transportes de Mercadorías por Estrada vixente en cada momento [o I Acordo Xeral, publicado no BOE de 29 de Xaneiro de 1998, ata a entrada en vigor do II Acordo Xeral conforme ao disposto no seu artigo 5], o Estatuto dos Traballadores, a Lei de Igualdade, a normativa de prevención de riscos e demais lexislación vixente.
ARTIGO 8 CONDICIÓN MÁIS BENEFICIOSA
Respetaránse as situacións persoais que en cómputo anual excedan destas normas. Toda vez que as melloras que se implantan en virtude deste convenio teñen carácter de mínimas estimadas no seu conxunto, subsistirán os pactos, clausulas e situacións de feito implantadas polas empresas que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.
CAPITULO II
XORNADA, VACACIÓNS E DESCANSOS
ARTIGO 9 XORNADA
A xornada laboral será de 1.816 horas en cómputo anual, sendo de aplicación ao respecto o Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e o Real Decreto 1561/1995.
En todo caso a xornada de traballo e o réxime de descanso dos traballadores móviles se axustarán ao disposto no Regulamento CE 561/2006 e no Real Decreto 1561/1995 ou normativa que os sustituia.
ARTIGO 10 VACACIÓNS
O persoal afectado polo presente Convenio Colectivo disfrutará de 30 días naturais de vacacións, dentro do ano natural, sen distinción de antigüidade ou categoría profesional, e de acordo coa normativa laboral vixente. O disfrute do período de vacacións non poderá iniciarse en día correspondente a descanso semanal ou día festivo.
Para os traballadores que ingresen ou rematen o seu contrato no transcurso do ano, prorratearanse os días de vacacións en función do tempo de prestación de servicios.
As empresas e os representantes legais dos traballadores/as, en ausencia destes os propios traballadores, procurarán pactar un calendario de vacacións nos tres primeiros meses do ano. En todo caso os traballadores terán dereito a coñecer as datas das súas vacacións a lo menos con dous meses de antelación ao comenzo do seu disfrute.
No caso de fraccionamento do disfrute de vacacións, a lo menos 15 días se disfrutarán preferentemente de xuño a setembro ambos incluidos. Para as vacacións que se fixen a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo estes 15 días se disfrutarán ininterrumpidamente.
ARTIGO 11 PERMISOS
Independentemente dos xa establecidos no Estatuto dos Traballadores, e que se relacionan a continuación, para todo o persoal afectado polo presente Convenio Colectivo, establécense dous días non laborables, retribuidos e non recuperables dentro da xornada de 1816 horas.
Conforme o disposto no Estatuto dos Traballadores, o traballador, previo aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:
- a) Quince días naturais no caso de matrimonio.
- b) Tres días nos casos de nacemento de fillo ou adopción ou acollemento e por falecemento, accidente ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención quirúrxica sen hospitalización que precise reposo domiciliario do cónxuxe ou parella de feito debidamente inscrita no rexistro correspondente e fillos. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento ó efecto, o prazo será de cinco días.
A partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, nos casos de licencia por hospitalización previstos no presente apartado, o traballador poderá facer uso da licencia en calquera momento mentres dure a hospitalización, ben disfrutando dos días de licencia de xeito continuado, ben disfrutando dos días de licencia de xeito partido.
- c) Dous días nos casos de falecemento, accidentes ou enfermidade graves, hospitalización ou intervención quirúrgica sen hospitalación que precise reposo domiciliario de parentes ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento ó efecto, o prazo será de catro días.
- d) Un día por traslado do domicilio habitual.
- e) Polo tempo indispensable para concurrir a exames directamente relacionados co traballo desempeñado polo traballador na empresa.
- f) Polo tempo indispensable para acompañamento a consulta de facultativo da Seguridade Social de fillos menores de 16 anos que estén a cargo exclusivamente do traballador.
- g) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, estarase ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.
Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborais nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia.
No suposto no que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe da mesma do salario a que tivera dereito na empresa.
- e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.
ARTIGO 12 HORAS EXTRAORDINARIAS
Tendo en conta a existencia dun grande número de traballadores en paro, tenderase á eliminación das horas extras durante a vixencia do presente Convenio. En calquera caso, as empresas terán que respetar escrupulosamente os topes legais existentes.
ARTIGO 13 TRABALLO EN DÍAS FESTIVOS
Cando excepcionalmente e por razóns técnicas ou organizativas non podan disfrutarse as festas laborales aprobadas para cada ano, o traballador, de mutuo acordo ca empresa, poderá optar entre disfrutar dun descanso compensatorio de día e medio por cada día festivo completo traballado dentro do mes seguinte á festa non disfrutada ou cobrar un plus de traballo en festivos na seguinte contía:
- 2011: 49,40 euros por cada festivo traballado.
- 2012: O resultado de aplicar ao plus de traballo en festivos estabrecido para o ano 2011 o incremento salarial previsto no Artigo 14 do presente Convenio para o ano 2012.
- 2013: O resultado de aplicar ao plus de traballo en festivos estabrecido para o ano 2012 o incremento salarial previsto no Artigo 14 do presente Convenio para o ano 2013.
CAPITULO III
RETRIBUCIÓNS


ARTIGO 14 SALARIO DE CONVENIO
1.- Incremento salarial:
A).- O salario de Convenio, para cada unha das categorías profesionais, será para o ano 2011 o que se estabrece na correspondente columna do Anexo I do presente Convenio, resultado de aplicar, sobre as táboas salariais revisadas do ano 2010, incremento do 2,5%. Dito salario se aplicará con efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2011 e servirá de base ou módulo para o cálculo de tódolos complementos presonais de posto de traballo, de cantidade e de calidade. Con independencia desta retribución, estabrécese un salario mínimo de 784,80 euros mensuais, sexa cal sexa a categoría proresional de que se trate.
B).- O salario de Convenio, para cada unha das categorías profesionais, será para o ano 2012 o resultado de aplicar, sobre o salario de Convenio de 2011, no seu caso revisado, o incremento consistente no 1,5%, reuníndose a tales efectos a Comisión Negociadora do Convenio tan pronto como se constate o IPC real do ano 2011 para a confección, firma e posterior publicación das táboas de salarios correspondentes ao ano 2012.
C).- O salario de Convenio, para cada unha das categorías profesionais, será para o ano 2013 o resultado de aplicar, sobre o salario de Convenio de 2012, no seu caso revisado, o incremento consistente no 1,5%, reuníndose a tales efectos a Comisión Negociadora do Convenio tan pronto como se constate o IPC real do ano 2012 para a confección, firma e posterior publicación das táboas de salarios correspondentes ao ano 2013.
2.- Cláusula de revisión salarial:
A).- Para o ano 2011 estabrécese unha clausula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2011 rexistrase incremento superior ao 2,5%. Neste caso efectuarase unha revisión salarial no exceso da cifra indicada, que terá efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2011, servindo de base para aplicar o incremento do ano 2012.
B).- Para o ano 2012 establécese unha clausula de revisión salarial de xeito que se garanticen 0,25 puntos por enriba do IPC real estatal a 31 de decembro de 2012. Dita revisión salarial terá efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2012, servindo de base para aplicar o incremento do ano 2013.
C).- Para o ano 2013 establécese unha clausula de revisión salarial de xeito que se garanticen 0,50 puntos por enriba do IPC real estatal a 31 de decembro de 2013. Dita revisión salarial terá efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro de 2013, servindo de base para aplicar o incremento do ano 2014.
ARTIGO 15 ATRASOS DE CONVENIO
Os atrasos que resulten da aplicación do presente Convenio faranse efectivos aos traballadores nun prazo máximo de tres meses a contar dende a publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da provincia de Lugo.
ARTIGO 16 PLUS DE CONVENIO
Establécese para todo o persoal no ano 2011 un plus de 111,68 euros mensuais, cotizable á Seguridade Social.
O plus de convenio para o ano 2012 será o resultado de aplicar ao plus de convenio do ano 2011 o mesmo incremento pactado para o 2012 para o salario de convenio.
O plus de convenio para o ano 2013 será o resultado de aplciar ao plus de convenio do 2012 o mesmo incremento pactado para o 2013 para o salario de convenio.
ARTIGO 17 ANTIGÜIDADE
Para todo o persoal afectado polo presente Convenio establécense as percepcións que seguidamente se relacionan polo concepto de antigüidade con carácter de máximas:
- - 2 anos, 9,02 euros mensuais
- - 4 anos, 18,03 euros mensuais
- - 9 anos, 36,06 euros mensuais
- - 14 anos, 54,09 euros mensuais
- - 19 anos, 72,12 euros mensuais
- - 24 anos, 90,15 euros mensuais
- - 29 anos, 108,18 euros mensuais
O disposto anteriormente enténdese sen prexuizo dos dereitos adquiridos repecto a cantidades xa consolidadas e que veñen percibindo actualmente os traballadores.
ARTIGO 18 PAGAS EXTRA
As pagas serán tres: Nadal, xullo e beneficios, pagadeira esta última no mes de marzo. O importe destas pagas será, cada unha delas, igual ao salario base de 30 días establecido no convenio máis antigüidade e o seu devengo será anual.
Aos efectos do devengo das pagas extra, establécense os seguintes períodos:
ARTIGO 19 COMPLEMENTO PERSOAL DE IDIOMAS
Para todo aquel persoal incluído no ámbito deste Convenio que para o desempeño do seu traballo faga uso dalgún idioma estranxeiro, establécese un complemento persoal de 117,62 euros mensuais para cada idioma empregado para o ano 2011.
O plus de idiomas para o ano 2012 será o resultado de aplicar ao plus de idiomas do 2011 o mesmo incremento pactado para o 2012 para o salario de convenio.
O plus de idiomas para o ano 2013 será o resultado de aplicar ao plus de idiomas do 2012 o mesmo incremento pactado para o 2013 para o salario de convenio.
Para o recoñecemento deste complemento requerirase o uso utilitario do idioma cun nivel adecuado para o entendemento básico nun nivel de conversación comercial.
Para a determinación da aptitude necesaria e do dereito á percepción deste complemento polos traballadores afectados a comisión mixta paritaria do convenio establecerá anualmente un mínimo dunha convocatoria de probas que se levará adiante coa concorrencia de técnicos titulados nos idiomas correspondentes, que serán os que determinarán o contido das probas a efectuar e valorarán as condicións dos concorrentes ás probas, sen menoscabo da súa ratificación polos representantes que integran a comisión mixta paritaria do Convenio.
ARTIGO 20 PLUS DE PERIGOSIDADE
Para os traballadores ao servicio da empresa á entrada en vigor do Convenio de transporte de mercadorías por estrada do ano 1993 e que manipulen ou transporten habitualmente mercadorías explosivas, inflamables ou tóxicas, establécese un plus de perigosidade na contía de 240,40 euros.
Para os traballadores que se contratasen a partires da entrada en vigor dese Convenio e que realicen as tarefas indicadas no apartado anterior, establécese un plus de 240,40 euros no caso de que se contraten por tempo inferior a un ano. Se a contratación é por tempo superior a un ano ou indefinida, a contía do referido plus é de 145,77 euros.
ARTIGO 21 PLUS DE TRABALLO EN PLATAFORMAS LOXÍSTICAS CON CÁMARAS DE FRÍO
Tódolos traballadores que realicen o seu traballo de xeito habitual, continuo ou discontinuo, en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación, soportando temperaturas da banda de conxelación -18ºC ou inferiores, percibirán no ano 2011, a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, un plus de penosidade de 75 euros mensuais.
Para os seguintes anos de vixencia do presente Convenio -2012 e 2013- dito plus se actualizará aplicando a mesma porcentaxe que a pactada no artigo 14 como incremento salarial para cada ano.
Entenderase devengado o plus de penosidade aínda cando a temperatura da banda de -18ºC establecida para o almacenamento de productos conxelados teña oscilacións producidas por manutención ou apertura de portas motivada pola entrada ou saída de mercadorías e cando, ademais, o traballador da plataforma loxística estibe ou cargue manualmente os productos conxelados dende a cámara de conxelación ao vehículo.
Tódolos traballadores que realicen a seu traballo de xeito habitual, continuo ou discontinuo, en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación en circunstancias de traballo en plataforma a temperatura de 0ºC a 14ºC percibirán no ano 2011, a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, un plus de refrixerado de 25 euros mensuais.
Para os seguintes anso de vixencia do presente Convenio -2012 e 2013- dito plus se actualizará aplicando a mesma porcentaxe que a pactada no artigo 14 como incremento salarial para cada ano.
En todo caso non haberá lugar ao percibo ou cobro simultáneo dos dous pluses previstos no presente artigo, esto é, se devengará un ou o outro, dependendo do posto de traballo e a exposición habitual ás circusntancias de traballo que determinan o cobro dun o de outro plus, pero non os dous simultáneamente.
Pola sua natureza, os pluses previstos no presente artigo deixarán de aboarse en tódolos casos cando desaparezcan as circunstancias causantes e se dote aos traballadores das medidas de protección individual ou colectivas que eviten o risco, ou cando deixe de traballarse nesas condicións. Entenderase como medidas que eviten o risco as que supoñan que o traballador non sufra as baixas temperaturas da cámara, como é o caso de cabinas climatizadas en carretillas, sen que a mera entrega de roupa de abrigo poida ser considerada como medida de protección suficiente.
As cuantías previstas no presente artigo poderán ser obxeto de compensación e absorcion con outros conceptos que viñera cobrando o traballador en función da penosidade do traballo polas baixas temperaturas das cámaras e que estean reflexados na nómina do traballador como plus de frío ou calquera outro de simliar natureza.
En canto ao tempo de permanencia nas cámaras de conxelación, será de aplicación en todo caso o establecido no Real Decreto 1561/1995, de 21 de setembro.
ARTIGO 22 PLUS DE QUEBRANTO DE MOEDA
Aqueles traballadores que fagan cobros ou recaudación por conta da empresa, responsabilizándose do resultado de tales operacións, percibirán un plus de quebranto de moeda para o ano 2011 de 21,96 euros mensuais.
O plus de quebranto de moeda para o ano 2012 será o resultado de aplicar ao plus de quebranto de moeda do 2011 o mesmo incremento pactado para o 2012 para o salario de convenio.
O plus de quebranto de moeda para o ano 2013 será o resultado de aplicar ao plus de quebranto de moeda do 2012 o mesmo incremento pactado para o 2013 para o salario de convenio.
ARTIGO 23 AXUDAS DE CUSTO
A contía das axudas de custo queda establecida a partires da publicación do presente Convenio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nas cantidades que seguidamente se relacionan:
A dieta de destacamento entrará en vigor cando o traballador leve, como mínimo, 15 días de permanencia na mesma praza.
A partires do 1 de xaneiro de 2012 a contía das dietas será o resultado de aplicar ás contías anteriores o incremento previsto para o ano 2012 no Artigo 14 sen que a revisión salarial teña efectos retroactivos.
A partires do 1 de xaneiro de 2013 a contía das dietas será o resultado de aplicar ás contías vixentes no 2012 o incremento previsto para o ano 2013 no Artigo 14 sen que a revisión salarial teña efectos retroactivos.
Os traballadores sen dereito ao cobro de axuda de custo completa que teñan que xantar fora do seu domicilio como consecuencia do desenvolvemento do traballo ou que cheguen á praza do seu centro de traballo ou domicilio despois das 15:00 horas terán dereito ó cobro de axuda de custo polo xantar no importe de 9,66 euros.
Os traballadores sen dereito ó cobro de axuda de custo completa que teñan que cear fora do seu domicilio como consecuencia do desenvolvemento do traballo ou que cheguen á praza do seu centro de traballo ou domicilio despois das 22:00 horas terán dereito ó cobro de axuda de custo pola cea no importe de 9,66 euros.
Os traballadores sen dereito ó cobro de axuda de custo completa que teñan que almorzar fora do seu domicilio como consecuencia do desenvolvemento do traballo ou que saian da praza do seu centro de traballo ou domicilio antes das 7:00 horas terán dereito ó cobro de axuda de custo por almorzo no importe de 3,22 euros.
ARTIGO 24 CLÁUSULA DE INAPLICACIÓN SALARIAL
Cando unha empresa das incluídas no ámbito de aplicación deste Convenio pretenda a inaplicación do nivel retributivo establecido no mesmo, deberá proceder do seguinte xeito:
- 1.- A empresa interesada na inaplicación deberá instala remitindo á Comisión Paritaria do Convenio escrito polo que comunique a súa intención de acollerse ó presente Artigo e a causa ou causas que invoque para iso, debendo así mesmo remitir á Comisión Paritaria, nos 30 días seguintes a tal comunicación, a documentación que acredite a causa ou causas invocadas, documentación entre a que figurará necesariamente a presentada pola empresa con carácter obrigatorio ante o Ministerio de Facenda, Rexistro Mercantil e otros Organismos Oficiais referida ó último exercicio.
- 2.- A Comisión Paritaria terá un termo dun mes, dende a presentación da documentación a que se fai referencia no punto anterior, para resolver. Dentro deste termo dun mes, se escoitarase a representación dos traballadores da empresa solicitante así como ós representantes da propia empresa solicitante ante os sindicatos e organizacións empresariais partícipes da Mesa Negociadora.
- 3.- Será requisitos necesarios para obte-la inaplicación do nivel retributivo do convenio estar ó día no abono do mesmo ata a data de resolución da Comisión Paritaria., salvo nos casos nos que a Comisión Paritaria estime oportuno o incumprimento deste requisito.
- 4.- Así mesmo a empresa debe dar conta da situación de inestabilidade no exercicio anterior e demostrar que, no caso de aplica-lo réxime salarial pactado no convenio, tería que proceder a medidas de extinción ou suspensión de contratos.
- 5.- No caso de estimar fundada a solicitude, a Comisión Paritaria establecerá o nivel retributivo a aplicar na empresa afectada, que en ningún caso debe afectar á estructura establecida para o salario deste convenio.
- 6.- En todo caso, o beneficio de inaplicación só se entende ata o remate do período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude ou, no seu caso, para o prazo que estimase a Comisión Paritaria.
- 7.- A Comisión Paritaria estenderá copia fidedigna da súa resolución remitindo exemplares da mesma á representación da empresa, ós traballadores da mesma e ós sindicatos e orgnizacións empresariais que participaron no proceso. Tamén a remitirá á autoridade laboral, a efectos de rexistro, depósito e publicación.
CAPÍTULO IV
ACCIÓN SOCIAL
ARTIGO 25 INCAPACIDADE TEMPORAL DERIVADA DE ACCIDENTE DE TRABALLO E INCAPACIDADE TEMPORAL CON HOSPITALIZACION
As empresa, no caso de Incapacidade Temporal, completarán a prestación económica da Seguridade Social ata o 100% do salario regulador nos seguintes supostos:
- 1. Incapacidade Temporal derivada de accidente de traballo: mentras dure a situación de I.T.
- 2. Incapacidade Temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral que motive hospitalización: polo período de duración da hospitalización.
- 3. Incapacidade Temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral tras intervención quirúrxica ou postoperatorio: por un período máximo de 15 días a contar dende a intervención.
- 4. Incapacide Temporal derivada de enfermidade común ou accidente non laboral: a partires do día 20 da baixa e durante un período máximo de 3 meses. O complemento, neste caso, só podrá percibirse unha vez ó ano.
Cando, a xuizo da empresa, existan indicios razoables para presumir algunha irregularidade, poderá requerir ó traballador para que se someta a recoñecemento do facultativo que a empresa designe, sendo a cargo desta os gastos que se orixinen por tal motivo.
ARTIGO 26 SEGURO DE INVALIDEZ OU MORTE
As empresas comprendidas no ámbito de aplicación deste Convenio contratarán, no prazo máximo de 30 días a partir da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Lugo deste texto articulado, unha póliza de seguros con primas íntegras ó seu cargo, para tódolos traballadores, que cubrirán os riscos de morte e invalidez permanente (graos de total, absoluta e grande invalidez) derivados de accidente de traballo, incluído «in itinere».
As contías serán as seguintes:
No caso de falecemento do traballador, cobrará o seguro a persoa que designe o traballador no seu testamento ou, de non existir este, os seus herdeiros legais.
Queda en todo caso excluida a aplicación do disposto nos parágrafos anteriores para os supostos riscos consecuencia da comisión de delitos dolosos, riscos provocados intencionadamente polo asegurado ou beneficiario da póliza e riscos consecuencia de accidentes sufridos polo asegurado que en encontre en estado de embriaguez ou baixo os efectos de drogas tóxicas, estupefacientes ou psicotrópicos.
ARTIGO 27 PREMIO DE CONSTANCIA
Os traballadores que, con 10 anos como mínimo de antigüidade na empresa, decidan voluntariamente xubilarse anticipadamente e sempre e cando exista acordo previo entre o traballador e a empresa, terán dereito ó disfrute de vacacións retribuidas na duración que seguidamente se relaciona:
- - Aos 60 anos de idade, 10 mensualidades
- - Aos 61 anos de idade, 9 mensualidades
- - Aos 62 anos de idade, 7 mensualidades
- - Aos 63 anos de idade, 6 mensualidades
- - Aos 64 anos de idade, 4 mensualidades
A solicitude de xubilación anticipada deberá efectuala o traballador ca suficiente antelación.
Ao cumprir os 65 anos de idade, a xubilación será obrigatoria para o traballador, sempre e cando reúna o período de carencia necesario para acceder á correpondente prestación.
Artículo 28 Plan de Jubilaciones Parciales
28.1.- Al amparo de lo previsto en el artículo 8 del Real Decreto-Ley 5/2013, de 15 de marzo, se establece un Plan de Jubilaciones Parciales para los trabajadores y trabajadoras incluidos en el ámbito de aplicación del presente Convenio nacidos hasta el 31 de diciembre de 1957, cuyas condiciones de incorporación a la jubilación parcial serán las vigentes con anterioridad a la entrada en vigor de la Ley 27/2011 –regulación anterior al 1 de enero de 2013- con la simultánea celebración de un contrato de relevo.
28.2.- De conformidad con lo establecido en el artículo 86.1 del Estatuto de los Trabajadores, que posibilita que las partes negociadoras de los convenios colectivos establezcan la duración de los convenios pudiendo pactarse distintos períodos de vigencia para cada materia, el Plan de Jubilaciones Parciales previsto en el presente artículo tendrá vigencia desde su firma hasta el 31 de diciembre de 2018 inclusive, salvo que con anterioridad tenga lugar modificación legal que afecte a su regulación o modificación de la regulación prevista en el presente Convenio.
28.3.- Para acceder a la jubilación parcial conforme al presente Plan de Jubilaciones Parciales, el trabajador o trabajadora interesada deberá dirigir la oportuna solicitud a la dirección de su empresa con una antelación mínima de tres meses a la fecha en la que pretenda acceder a la jubilación parcial.
La empresa receptora de la solicitud, tras estudiar de buena fe la solicitud con la vista puesta en un acuerdo, teniendo en cuenta la situación de la empresa en ese momento, en caso de considerar pertinente la solicitud acordará con el trabajador el acceso a la situación de jubilación parcial de conformidad con el presente Plan de Jubilaciones Parciales.
28.4.- Con carácter general el acceso a la jubilación parcial al amparo del presente Plan habrá de tener lugar con la reducción máxima de la jornada que permite la normativa vigente con anterioridad a la entrada en vigor de la Ley 27/2011 [75%] salvo que medie acuerdo entre empresa y trabajador en orden a la aplicación de un porcentaje menor o mayor de reducción de jornada, dentro de los límites permitidos por tal normativa.
28.5.- Con carácter general la parte de la jornada que subsista para el trabajador parcialmente jubilado al amparo del presente Plan se acumulará anualmente a jornadas completas, sea en un único plazo o en varios plazos temporales, salvo que medie acuerdo entre empresa y trabajador en otro sentido.
28.6.- El trabajador jubilado parcialmente percibirá la parte proporcional del salario que corresponda en función a la jornada trabajada, remuneración que percibirá de forma mensual con independencia de la acumulación de la jornada en jornadas completas.
28.7.- El trabajador jubilado parcialmente al amparo del presente Plan está obligado a solicitar la jubilación ordinaria al cumplir la edad de jubilación ordinaria prevista en el art. 161.1.a) y en la Disposición Transitoria Vigésima de la Ley General de la Seguridad Social, fecha en la que quedará extinguida su relación contractual con la empresa pasando a situación de jubilado total a todos los efectos.
LE0000504946_20130326
CAPITULO V
CONTRATACIÓN
ARTIGO 29 COMPROMISO DE EMPREGO ESTABLE
Co fin de acadar unha maior estabilidade no emprego, as partes asinantes acordan fomentar a contratación indefinida, establecendo un cadro de persoal fixo mínimo nas empresas de máis de tres traballadores do 45% do cadro de persoal total.
Aos efectos do cálculo do cadro de persoal fixo das empresas, tomaráse en conta a media dos últimos 24 meses.
Exceptúanse do previsto neste artigo as empresas de nova creación e as empresa que, durante a vixencia do Convenio, incrementen o seu cadro de persoal total de xeito significativo, entendéndose que ten lugar incremento significativo cando incrementen o número de traballadores da empresa a lo menos nun 30%.
As empresas ás que se fai referencia no parágrafo anterior, disporán dun período de carencia de dous anos para o cumprimento do cadro de persoal fixo mínimo de xeito que, ó cumprirse tres anos, ben dende a creación da empresa, ben dende o incremento significativo do emprego, ditas empresas haberán de cumprir o establecido no presente artigo tomándose como referencia a media do cadro de persoal fixo dos últimos 12 meses.
ARTIGO 30 MODALIDADES DE CONTRATACIÓN
Contrato en prácticas.- O contrato de traballo en prácticas, que poderá celebrarse con traballadores en posesión de titulación universitaria ou formación profesional de grado medio ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, terá por finalidade facilar a práctica profesional dos traballadores para perfeccionar os seus coñecementos e adaptalos ó nivel de estudios cursados.
Dito contrato non poderá ter unha duración inferior a seis meses nin exceder de dous anos.
Contrato para a formación.- O contrato de traballo para a formación, que poderá celebrarse con traballadores con idade superior ós 16 anos e inferior ós 21 anos, salvo as excepcións previstas na lexislación, terá por finalidade a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño axeitado dun oficio ou posto de traballo cualificado.
Dito contrato non poderá ter unha duración inferior a seis meses nin exceder de dous anos e necesariamente o tempo adicado a formación teórica non poderá ser inferior ó 15% da xornada máxima.
Contrato de relevo.- O contrato de traballo de relevo, que poderá celebrarse con traballadores desempregados o que tiveran concertado ca empresa un contrato de duración determinada, se concertará para sustituir a xornada de traballo deixada vacante polo traballador que se xubila parcialmente.
A duración do contrato, no caso de xubilación parcial antes dos 65 anos, terá que ser indefinida ou como mínimo polo tempo que falte ó traballador sustituido para alcanazar a idade de 65 anos. No caso de xubilación parcial después de cumprir os 65 anos, a duración do contrato terá que ser indefinida ou anual.
Contrato de duración determinada regulado no artigo 15.1.b) do Real Decreto Lexislativo 1/1995, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores.- Estes contratos poderán celebrarse cunha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses.
CAPITULO VI
DEREITOS SINDICAIS
ARTIGO 31 DEREITOS SINDICAIS
As empresas poderán deducir, a través das nóminas, as cotas correspondentes ós afiliados ás centrais sindicais que corresponda. Os interesados deberán solicitalo por escrito á dirección da empresa. Os importes retidos serán entregados á persoa ou entidade que designe a central sindical correspondente.
ARTIGO 32 GARANTÍAS SINDICAIS
Membros de Comités de Empresa ou Delegados de Persoal
Ningún membro do Comité de Empresa ou Delegado de Persoal poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das suas funcións nin dentro do ano seguinte, no seu caso, do remate do seu mandato, salvo que esta se produza por revocación ou demisión, e sempre que o despedimento ou sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación.
Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedeceran a outra causa, deberá tramitarse expediente contradictorio no que serán oídos, aparte do interesado, o Comité de Empresa ou Delegado Sindical, no suposto de que estea recoñecido como tal na empresa.
Os membros de Comités de Empresa ou Delegados de Persoal non poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da sua representación.
Os representantes legais dos traballadores poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicando todo iso previamente á empresa, exercendo tales tarefas de acordo coa normativa legal vixente ó efecto.
Os membros de Comités de Empresa ou Delegados de Persoal disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.
Sen rebasa-lo máximo legal, poderán ser consumidas horas retribuídas de que dispoñen os membros de Comités de Empresa ou Delegados de Persoal, co fin de preve-la asistencia a cursos de formación organizados polos sindicatos.
Delegados de Prevención
Os Delegados de Prevención, en tanto que representantes legais dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo, haberán de ser provistos pola empresa da formación que precisen para realizar a súas funcións, tendo a consideración de tempo efectivo de traballo, sen imputación ó crédito horario que lles corresponda en tanto qeu representantes dos traballadores, o tempo adicado a esta formación.
Igualmente terá a consideración de tempo efectivo de traballo, sen imputación ó citado crédito horario, o adicado a acompañamento de técnicos na evaluación de carácter preventivo; o acompañamento a inspectores de traballo nas visitas de verificación en materia de prevención; o tempo no que o empresario informe ó Delegado dos danos producidos na saúde dos traballadores; las reunións do comité de seguridade e saúde; e as reunións convocadas polo empresario en materia de prevención de riscos laborais.
ARTIGO 33 TABOEIRO DE ANUNCIOS
Tódalas empresas afectadas por este Convenio facilitarán ós traballadores un taboleiro de anuncios. A utilización do mesmo estará circunscrita a temas de carácter laboral ou sindical, entendidos amplamente. O taboleiro de anuncios poderá ser empregado tamén polas empresas para a inclusión de calquera anuncio ou comunicación que consideren de interese.
CAPÍTULO VII
DISPOSICIÓNS VARIAS
ARTIGO 34 IGUALDADE E CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL
As partes asinantes do presente Convenio consideran esencial o fomento da armonización ou conciliación da vida familiar e laboral e promover a igualdade de oportunidades e trato entre homes e mulleres. Calquera término ou referencia que figure no presente Convenio tanto en masculino como en femenino se entenderá referido a ambos xéneros.
Consecuentemente co anterior, no ámbito do presente Convenio non haberá lugar a discriminación algunha por razón de sexo, relixión, raza, etc., sendo reprimidas tales conductas de conformidade ca lexislación vixente.
Do mesmo xeito, no ámbito do presente Convenio, se velerá polo máximo respeto á dignidade do traballador, coidando especialmente que non teñan lugar conductas de acoso moral ou sexual ou vexación de calquera tipo, sendo reprimidas tales conductas de conformidade ca lexislación vixente.
Maternidade
De conformidade co establecido na lexislación, nos supostos de nacemento de fillo, adopción e acollemento, a traballadora terá dereito a un descanso de 16 semanas ininterrumpidas ampliables, no caso de nacemento, adopción ou acollemento múltiple, a 2 semanas mais por cada fillo a partires do segundo. Este descanso será distribuido pola interesada sempre que 6 semanas se disfruten inmediatamente despois do parto.
A suspensión por maternidade poderá ser disfrutada pola nai ou polo pai nos termos establecidos na lexislación.
Esta suspensión poderá ser disfrutada en réxime de xornada parcial previo acordo entre empresario e traballador e dará dereito ó cobro do subsidio ou prestación económica por maternidade, a abonar polo INSS nos termos legalmente previstos.
Paternidade
De conformidade co establecido na lexislación, nos supostos de nacemento de fillo, adopción ou acollemento, o traballador terá dereito a un descanso de 13 días ininterrumpidos, ampliable no caso de nacemento, adopción ou acollemento múltiple a 2 días mais por cada fillo a partires do segundo.
Esta suspensión, que é independente do disfrute compartido dos períodos de descanso por maternidade, poderá ser disfrutada en réxime de xornada parcial previo acordo entre empresario e traballador y dará dereito ó cobro do subsidio ou prestación económica por paternidade, a abonar polo INSS nos termos legalmente previstos.
Lactancia
As traballadoras, por lactancia dun fillo menor de 9 meses, terán dereito a unha hora de ausencia no traballo, que poderán dividir en dous fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá sustituir este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora ca mesma finalidade. Este permiso poderá ser disfrutado pola nai ou polo pai en caso de que ambos traballen.
De común acordo entre empresa e traballador, poderán acumularse as horas de lactancia en xornadas completas.
Excedencia por cuidado de menores e parentes
Os traballadores terán dereito a disfrutar de excedencia para o coidado de fillos, tanto o sexan por natureza como adopivos ou nos supostos de acollemento, excedencia cuia duración máxima será de 3 anos a contar dende a data de nacemento do fillo ou, no seu caso, da resolución administrativa ou xudicial. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar este dereito.
Os traballadores terán igualmente dereito a disfrutar de excedencia, cuia duración máxima será de 2 anos, para atender ó coidado dun parente ata o segundo grado de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidad non poda valerse por si mesmo sempre que non desempeñe actividade retribuida.
En tales supostos o traballador terá dereito, durante o primeiro ano de excedencia, á reserva do seu posto de traballo e, durante o resto da excedencia, dereito á reserva dun posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente, sendo todo o período de excedencia computable ós efectos de antigüedade.
As excedencias contempladas no presente apartado poderán disfrutarse de xeito fraccionado e constituen un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous o máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeto causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.
ARTIGO 35 CARNÉ DE CONDUCIR
Os conductores e quen, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta da mesma, se lles retire o seu permiso de conducción por tempo non superior a 6 meses, serán acoplados este tempo a outro traballo, aínda que sexa de categoría profesional inferior, nalgún dos servicios de que dispoña a empresa, e seguirá percibindo o salario correspondente á súa categoría.
Os conductores cunha antigüedade mínima de a lo menos un ano na empresa a quen, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa, por orde e conta da mesa, se lles reitere o seu permiso de conducción por tempo superior a 6 meses, serán acoplados este tempo a outro traballo sempre que exista vacante na empresa que permita tal cambio e sempre que o traballador sancionado conte ca necesaria aptitude para o desempeño no posto de traballo vacante. En tal caso, o traballador percibirá o salario correspondente á categoría na que pase a prestar servicios.
No suposto do parágrafo anterior, de non existir vacante na empresa ou de non concurrir a necesaria aptitude por parte do traballador, éste poderá solictar excedencia especial con reserva do seu posto de traballo. Durante o tempo de excedencia o traballador queda eximido da súa obriga de traballar e a empresa da súa obriga de aboar salarios e cotizar á Seguridade Social, se ben o tempo de excedencia computará na súa totalidade ós efectos de cómputo da antigüedade.
Queda en todo caso excluida a aplicación do disposto nos parágrafos anteriores para os seguintes supostos:
- 1. Privación debida á comisión de delitos dolosos.
- 2. Privación debida á ingesta de bebidas alcohólicas ou estupefacientes.
- 3. Reincidencia, entendendo por tal que o traballador xa disfrutara con anterioridade dos beneficios previstos neste artigo (ben posto de traballo alternativo ben excedencia) nos últimos 24 meses.
Naqueles supostos nos que, operando os beneficios previstos neste artigo, o traballador teña pendente o disfrute de vacacións, as mesas se disfrutarán necesariamente durante o tempo de privación do permiso de conducción.
As empresas virán obrigadas a aboar o 50% do precio dos cursos de reciclaxe/reobtención do permiso de conducir ós conductores que, como consecuencia de conducir un vehículo da empresa por orde e conta da mesma, se vexan privados de tal permiso. Enténdese que a privación é a estes efectos consecuencia da conducción dun vehículo da empresa cando a lo menos un 80% da perda de punto proveña de tal conducción.
Que en todo caso excluida a aplicación do disposto no parágrafo anterior para os supostos de privación debida á comisión de delitos dolosos, á ingesta de bebidas alcohólicas ou estupefacientes ou no caso de reincidencia, entendendo por tal que o traballador xa disfrutara con anterioridade dos beneficios previstos no parágrafo anterior deste artigo nos últimos 24 meses.
ARTIGO 36 MULTAS E SANCIÓNS
Os conductores estarán obrigados a entregar á empresa o boletín de denuncia que, no seu caso, se expedira, con carácter xeral cando dean conta do viaxe ou servicio e sempre co tempo necesario para que a empresa poida facer uso do dereito a recorrer a sanción.
Ós efectos de deixar constancia do cumprimento desta obriga, a empresa lle entregará ó traballador xusficante da entrega do boletín.
ARTIGO 37 FORMACIÓN PROFESIONAL
Comisión Paritaria Provincial
As partes signatarias acordan constituír unha Comisión Paritaria Provincial Sectorial de Formación Profesional, integrada por dous representantes de CC.OO., un representante de UGT e un número de representantes das Asociacións asimesmo asinantes igual ao total das centrais sindicais.
Serán funcións desta Comisión:
- - Requirir das Administracións autonómicas competentes o recoñocemento desta Comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector de Transportes, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha , como nos que poidan programar en diante.
- - Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a definir a organización e programación da mesma, tanto ocupacional como regulamentada (observatorio ocupacional).
- - Elaborar planos formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais dos traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado Único.
- - Cantas outras funcións a Comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da Formación Profesional no sector na provincia de Lugo.
Formación continua obligatoria
A asistencia a cursos de formación continua obligatoria no ámbito do transporte de mercaderías por estrada, dirixidos a manter actualizados o coñecementos inicialmente exixidos, computará como tempo de traballo efectivo.
Ós efectos anteriores, enténdese por cursos obligatorios os impostos pola autoridade competente sen cuia superación non cabe desenvolver o traballo para o que o traballador fora contratado e para o que inicialmente estaba cualificado.
Promoción profesional
Os traballadores terán dereito a disfrutar dos permisos non retribuidos necesarios para concurrir a exames para a obtención de títulos académicos ou profesionais.
ARTIGO 38 ROUPA DE TRABALLO
Tódolos traballadores terán dereito a que as empresas lles provean da roupa de traballo e calzado de seguridade que resulte necesario en función do traballo a desenvolver.
ARTIGO 39 SAÚDE LABORAL
De conformidade co disposto na Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, os traballadores teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo.
En cumprimento da obriga de protección, a empresa ten que garantizar a seguridade e saúde dos traballadores ó seus servizo en todos os aspectos relacionados co traballo, estando obrigada a garantir a información e formación práctica e axeitada nestas materias a todos os traballadores.
Igualmente no cumprimento do deber de protección, a empresa ten que establecer un Plan de prevención no que se recolla a planificación da actividade preventiva e proporcionar unha protección e vixiancia axeitada da saúde dos traballadores.
Protección da muller embarazada
A evaluación de riscos terá que comprender a natureza, grado e duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan incidir negativamente na saúde das traballadores ou do feto. Se os resultados da evaluación revelaran un risco para a seguridade da saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo das traballadoras ou a lactancia, o empresario adoptará as medidas necesarias para evitar o risco a medio dunha adaptación das condicións de traballo da traballadora afectada. Se esto non fose suficiente, o empresario, previa consulta cos representantes legais dos traballadores, ofertará á traballadora un posto de traballo ou unha función diferente acordo co seu estado.
Capacidade disminuida
Aqueles traballadores ós que lles sexa recoñecida unha incapacidade permanente total terán preferencia para ocupar vacantes que se produzcan na empresa en postos acordes a súa capacidade, sempre que conten coa aptitude ou ideneidade necesarias para o novo posto. Exclúense deste suposto as vacantes que teñan lugar en postos de traballo que impliquen unha relación de especial confianza co empresario, tal é o caso de xefaturas, encargado, xerente, etc.
En tales casos o traballador pasará a ocupar a categoría profesional que corresponda ás novas funcións e tarefas a realizar, percibindo a retribución correspondente a dita categoría.
Comisión de Saúde Laboral
Créase no ámbito do presente Convenio a Comisión Provincial Sectorial de Saúde Laboral de Transporte de Mercadorías por Estrada, que terá carácter técnico-consultivo e que, no caso de decisión unánime dos seus membros, poderá chegar a acordos en materia de saúde laboral e prevención de riscos.
A Comisión á que se refire o presente Artigo terá carácter paritario e estará composta por seis membros da parte patronal, dous por cada Asociación asinante do Convenio, catro membros da central sindical CC.OO. e dous membros da central sindical UGT.
A Comisión reunirase cando o solicite calquera das entidades asinantes e, con carácter fixo, unha vez ó ano.
Ás reunións da Comisión poderán asistir, con voz pero sen voto, asesores das entidades asinantes.
ARTIGO 40 CLASIFICACIÓN PROFESIONAL
O persoal que preste os seus servicios nas empresas incluidas no ámbito de aplicación do presente Convenio se clasificarán conforme aos Grupos Profesionais e Categorías relacionadas no Acordo Xeral para as Empresas de Transportes de Mercadurías por Estrada vixente en cada momento.
A efectos meramente enunciativos, se relacionan a continuación as categorías profesionais con maior presencia nas plantillas das empresas, con expresión, con carácter indicativo, das súas funcións e cometidos:
- PERSOAL ADMINISTRATIVO Xefe de Negociado.- É o que, o fronte dun grupo de empregados e dependendo ou non dun Xefe de Sección, dirixe a labor do seu Negociado, sen perxuízo da súa participación persoal no traballo, respondendo da correcta execución dos traballos del persoal a súa ordes. Quedan clasificados nesta categoría profesional os Analistas de Sistemas Informáticos.
Oficial de Primeira.- É o empregado que, baixo súa propia responsabilidade, realiza ca máxima perfección burocrática traballos que requiren plena iniciativa, entre eles as xestións de carácter comercial, tanto na empresa como en visitas a clientes e organismos e os de xestión de tráfico hasta 15 vehículos. Nos centros de traballo cuxo número de empregados administrativos non exceda de sete, pode actuar de responsable dos mesmos. Quedan incluídos nesta categoría aqueles cuxo principal cometido sexa o de realizar traballos de programación informática.
Oficial de Segunda.- Pertencen a esa categoría aqueles que subordinados, no seu caso, o responsable da oficina e con adecuados coñecementos teóricos e prácticos, realizan normalmente ca debida perfección e correspondente responsabilidade os traballos que se lles encomendan, incluídos os de carácter comercial tanto na empresa como en visitas a clientes e organismos, así como funcións de xestión do departamento de tráfico. Nos centros de traballo de hasta tres empregados administrativos poden asumir a xefatura dos mesmos. Inclúense nesta categoría profesional os traballadores cuxo principal cometido sexa o de operador de sistemas.
Auxiliar.- É o empregado que, con coñecementos de carácter burocrático, baixo as ordes dos seus superiores, executa traballos que non revistan especial complexidade.
- TRANSPORTE DE MERCADORIAS Xefe de Tráfico de Primeira.- É o que ten o seu cargo dirixir a prestación dos servizos dun grupo de mais de cincuenta vehículos da empresa ou contratados por ela, distribuíndo o persoal e o material e as entradas e saídas do mesmo, así como elaborar as estadísticas de tráficos, recorridos e consumo. Tanto o persoal dista categoría como o Encargado Xeral de Operadores de Transporte poden asumir, a elección da empresa, a xefatura dos centros de traballo no que non exista Director o Delegado de Sucursal.
Xefe de Tráfico de Segunda.- É o que, cas mesmas atribucións e responsabilidades que o anterior, dirixe a prestación de servizos dun grupo de entre 16 e 50 vehículos da Empresa ou contratados por ela, se non hai Xefe de Tráfico de superior categoría; no caso contrario actuará como subordinado o Xefe de Tráfico de Primeira, independentemente do número de vehículos, coincidindo con él ou o fronte dalgún turno de traballo.
Condutor mecánico.- É o empregado que, estando en posesión do permiso de condución da clase «C + E», se contrata ca obrigación de conducir calquera vehículo da empresa, con remolque, semirremolque o sen eles, a tenor das necesidades de ésta, axudando si se lle indica as reparacións do mesmo, sendo o responsable do vehículo e da carga durante o servizo, estando obrigado a cumprimentar, cando proceda, a documentación do vehículo e a do transporte realizado e a dirixir, si se lle esixirá, a carga da mercadoría. Lle corresponde realizar as labores necesarias para o correcto funcionamento, conservación e acondicionamento do vehículo, así como as que resulten precisan para a protección e manipulación da mercancía. Haberá de comunicar de inmediato al responsable del taller, o persoa que o efecto a empresa sinale, calquera anomalía que detecte no vehículo. Deberá cubrir os recorridos polos itinerarios que se fixen o, de no estar fixados, polos que sexan máis favorables para a correcta cumprimentación do servizo.
Quedarán automaticamente clasificados en esta categoría profesional, aínda que carezan de permiso de conducir da clase «C + E», os condutores que conduzan para unha mesma empresa durante más de 6 meses, continuos ou alternos, algún dos vehículos os que se refire o apartado 16.6 do II Acordo Xeral para as Empresas de Transporte de Mercaderías por Estrada.
Condutor..- É o empregado que, aínda estando na posesión do carné de conducir da clase «C + E», contratase unicamente para conducir vehículos que requiran carné de clase inferior, sen necesidade de coñecementos mecánicos e ca obrigación de dirixir, si así se lle ordena, o acondicionamento da carga, participando activamente nesta e na descarga, sen exceder con elo da xornada ordinaria; é o responsable do vehículo e da mercadoría durante o viaxe, debendo cumprimentar, cando proceda, a documentación do vehículo e da do transporte realizado; lle corresponde realizar as labores complementarias necesarias para o correcto funcionamento, conservación e acondicionamento do vehículo, así como as que resulten precisas para a protección e manipulación da mercadoría. Haberá de comunicar de inmediato ó responsable de taller, ou persoa que o efecto a empresa sinale, calquera anomalía que detecte no vehículo. Deberá cubrir os recorridos polos itinerarios que se le fixen ou, de non estar fixados, polos que sexan máis favorables para a correcta cumprimentación do servizo.
Obrigacións específicas dos condutores, comúns as categorías profesionais.- Ademais das Xenerais de condutor, anteriormente enunciadas, que constitúen o traballo corrente, lles corresponden as que resulten dos usos e costumes e da natureza do servizo que realicen, debendo ter a formación requirida cando se trate de mercadorías perigosas. A título meramente indicativo se relacionan a continuación as seguintes:
Cando conduza vehículos-cisterna deberá realizar respecto do seu propio vehículo os seguintes cometidos:
- a) Inspeccionar o estado, limpeza e conservación das cisternas e seus accesorios, como tuberías, bocas de carga e descarga, válvulas, manómetros de presión, elevadores, calefactores, bombas de descarga e similares.
- b) Empalmar e desempalmar mangueiras de carga e descarga, abrir e cerrar válvulas, controlar o enchido e vaciado, incluso subindo o alto das cisternas se elo fose necesario; e realizar a purga dos depósitos das cisternas antes de proceder a súa descarga, co fin de evitar a contaminación dos produtos nos tanques dos clientes.
- c) Controlar as presións e despresionar utilizando as caretas e demais elementos de seguridade que se le faciliten.
- d) Se as cisternas son de gases haberá de controlar presións e comprobar, unha vez efectuada a operación de carga e/ou descarga, a estanqueidad da valvulería da cisterna, así como si a cantidade cargada se corresponde cos pesos máximos autorizados.
Cando conduza vehículos frigoríficos deberá:
- a) Inspeccionar y vixiar o correcto funcionamento do equipo de produción de frío durante o transcurso do transporte.
- b) Dirixir a estiba da carga de forma que se asegure convenientemente a circulación de aire interior, cando proceda.
- c) Efectuar o preenfriamento da caixa do vehículo antes de iniciarse a carga, dacordo coas instrucións que se lle indiquen.
Cando conduza camións portavehículos deberá cargar e suxeitar os vehículos no camión, así como descargalos.
Cando conduza vehículos para transporte de áridos ou provistos de grúa ten a obrigación de realizar as operacións necesarias para a carga e descarga dos áridos e no manexo da grúa.
Cando conduza vehículos de empresas de mudanzas e gardamobles colaborará activamente nos traballos propios da mudanza o servizo que realice o vehículo que conduza.
Condutor-Repartidor de vehículos lixeiros.- É o empregado que, aún estando en posesión de carné de conducir da clase superior, se contrata para conducir vehículos lixeiros. Ha de actuar ca dilixencia exixible para a seguridade do vehículo e da mercadoría, correspondéndolle a realización das labores complementarias necesarias para o correcto funcionamento, mantemento, conservación e acondicionamento do vehículo e protección de éste e da carga, tendo obrigación de cargar e descargar seu vehículo e de recoller e repartir ou entregar a mercadoría. Haberá de comunicar de inmediato ao responsable do taller, ou persoa que ao efecto a empresa sinale, calquera anomalía que detecte no vehículo. Deberá realizar seus recorridos polos itinerarios que se lle fixen ou, de no estar fixados, polos que sexan máis favorables para a correcta cumprimentación do servizo.
Mozo especializado-carretilleiro.- É o traballador que, ademais das funcións asignadas a categoría de Axudante e/ou Mozo Especializado, realiza o manexo das carretillas elevadoras frontais, trilaterais e retráctiles.
O acceso a dita categoría requerirá acreditar, polo traballador, estar na posesión do carné de operador de carretillas expedido pola entidade acreditada, unha formación adecuada e suficiente, previa a utilización de ditas carretillas elevadoras, así como o manexo de estas como elemento cotidians da xornada de traballo por un período superior a seis meses durante un ano ou a oito durante dous anos. Mentres non exista carné homologado se estará a o disposto na Disposición Transitoria Terceira do II Acordo Xeral.
Manexará os terminais de radiofrecuencia ou calquera outro medio técnico que, ca mesma finalidade, se utilicen nas empresas para a clasificación e manipulación da mercadoría e demais operacións.
Axudante ou Mozo Especializado.- É o que ten adquirida unha larga práctica na carga e a descarga de vehículos e movemento e clasificación de mercadorías, realizándoos con rapidez e aproveitamento de espazo e seguridade.
Manexará os terminais de radiofrecuencia o calquera outro medio técnico que, ca mesma finalidade, se utilicen nas empresas para a clasificación e manipulación da mercadoría e demais operacións.
Cando forme parte da dotación dun vehículo axudará ó Condutor en tódalas incidencias que podan orixinarse durante o servizo e levará a documentación das mercadorías, encargándose da carga e descarga destas e da súa recollida ou entrega os clientes, debendo entregar o seu xefe inmediato, al término do servizo, a documentación debidamente cumprimentada. Deberá efectuar os traballos necesarios, axudando o Condutor, para o correcto acondicionamento do vehículo e protección das mercadorías.
Correspondelle, previa a preparación necesaria, o manexo dos aparatos elevadores, grúas e demais maquinaria para carga e descarga de vehículos en almacén ou axencia e movemento de mercadorías en estes, salvo a descrita para o Mozo especializado-carretillero, excepto de forma esporádica e non cotidián; e decir, sempre que non se excedan os límites establecidos no Estatuto dos Traballadores para a reclamación da categoría superior, seis meses nun ano ou oito meses en dous anos, ca formación adecuada, en aplicación da mobilidade funcional de superior categoría.
Poderá encomendárselle que asuma a responsabilidade e o control das cargas e/ou descargas de vehículos.
ARTIGO 41 RÉXIME DICIPLINARIO
Na procura de manter un ambiente laboral respetuoso coa normal convivencia, ordeación técnica e organización da empresa, a dirección desta poderá sancionar as accións ou omisións culpables dos traballadores que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais de acordo coa graduación de faltas, procedemento e sancións previstas no Acordo Xeral para as Empresas de Transporte de Mercadurías por Estrada vixente en cada momento.
Única
As partes asinantes comprométense a reunila Comisión Paritaria do Convenio para o caso de que se produza unha modificación na regulación dos tempos de conducción e descanso e que esta entre en vigor durante a vixencia do Convenio, elo con fin de analizar as modificacións que se produciran e a súa repercusión en materia de xornada.
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS
Única
Aos efectos de evitar retrasos na publicación do Convenio no futuro, as partes asinantes comprométense a constitur a Comisión Negociadora do próximo Convenio entre o 1 e o 10 de Novembro de 2013.
CATEGORÍA PROFESIONAL | SOLDO BASE | PLUS CONVENIO | RETRIBUC. ANUAL |
GRUPO 1.- PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR | |||
Subgrupo A | |||
Xefe de Servicio | 1.299,29 | 111,68 | 20.829,51 |
Inspector princial | 1.159,43 | 111,68 | 18.731,61 |
Subgrupo B | |||
Enxeñeiro e Licenciado | 1.153,74 | 111,68 | 18.646,26 |
Enxeñeiro Técnico e Auxiliar Titulado | 965,89 | 111,68 | 15.828,51 |
Axudante Técnico Sanitario | 896,88 | 111,68 | 14.793,36 |
GRUPO 2.- PERSOAL ADMINISTRATIVO | |||
Xefe de Sección | 994,83 | 111,68 | 16.262,61 |
Xefe de Negociado | 937,78 | 111,68 | 15.406,86 |
Oficial de 1ª | 879,43 | 111,68 | 14.531,61 |
Oficial de 2ª | 854,62 | 111,68 | 14.159,46 |
Auxiliar Administrativo | 854,62 | 111,68 | 14.159,46 |
Sección 2ª.- Persoal de Axencias de Transporte | |||
Encargado Xeral | 1.025,18 | 111,68 | 16.717,86 |
Encargado de Almacén | 986,35 | 111,68 | 16.135,41 |
Capataz | 947,53 | 111,68 | 15.553,11 |
Auxiliar de Almacén e Báscula | 854,62 | 111,68 | 14.159,46 |
Mozo Especializado (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Mozo Carga e Descarga e Reparto (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Subgrupo B.- Transporte de Mercadorías | |||
Xefe de Tráfico de 1ª | 1.025,18 | 111,68 | 16.717,86 |
Xefe de Tráfico de 2ª | 986,35 | 111,68 | 16.135,41 |
Xefe de Tráfico de 3ª | 947,53 | 111,68 | 15.553,11 |
Conductor Mecánico (día) | 30,67 | 111,68 | 15.295,01 |
Conductor (día) | 29,89 | 111,68 | 14.940,11 |
Conductor-Repartidor (día) | 30,67 | 111,68 | 15.295,01 |
Conductor Motocicleta e Furgoneta (día) | 29,02 | 111,68 | 14.544,26 |
Axudante (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Mozo Especializado (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Mozo (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Sección 1ª.- Grupo E: Garaxes e Aparcamentos | |||
Encargado Xeral de 1ª | 1.025,18 | 111,68 | 16.717,86 |
Encargado Xeral de 2ª | 986,36 | 111,68 | 16.135,56 |
Encargado de Almacén | 947,53 | 111,68 | 15.553,11 |
Engraxador-Lavacoches (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Garda Caixeiro (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Garda de Noite e Día. Mozo (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Sección 2ª.- Grupo F: Estacións de Lavado e Engrase | |||
Encargado de 1ª | 1.025,18 | 111,68 | 16.717,86 |
Encargado de 2ª | 986,36 | 111,68 | 16.135,56 |
Engraxador. Mozo de Servicio (día) | 26,16 | 111,68 | 13.242,96 |
Subgrupo F.- Transporte de Mobles, Mudanzas e Gardamobles | |||
Xefe de Tráfico | 1.025,18 | 111,68 | 16.717,86 |
Inspector Visitador | 986,35 | 111,68 | 16.135,41 |
Encargado de almacén gardamobles. Capataz | 947,53 | 111,68 | 15.553,11 |
Mozo Espacilizado (día) | 28,70 | 111,68 | 14.398,66 |
Mozo (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
Carpinteiro (día) | 29,58 | 111,68 | 14.799,06 |
Conductor Mecánico (día) | 30,67 | 111,68 | 15.295,01 |
Conductor (día) | 29,87 | 111,68 | 14.931,01 |
Conductor Furgoneta e Motocicleta (día) | 29,02 | 111,68 | 14.544,26 |
Capitonista (día) | 28,76 | 111,68 | 14.425,96 |
GRUPO 4.- PERSOAL DE TALLERES | |||
Xefe de Taller | 1.063,17 | 111,68 | 17.287,71 |
Encargado ou Contramestre | 951,85 | 111,68 | 15.617,91 |
Encargado Xeral | 918,79 | 111,68 | 15.122,01 |
Encargado de Almacén | 883,80 | 111,68 | 14.597,16 |
Xefe de Equipo (día) | 31,09 | 111,68 | 15.486,11 |
Oficial de 1ª (día) | 30,30 | 111,68 | 15.126,66 |
Oficial de 2ª (día) | 29,02 | 111,68 | 14.544,26 |
Oficial de 3ª. Mozo de Taller (día) | 28,52 | 111,68 | 14.316,76 |
GRUPO 5.- PERSOAL DE GRÚAS | |||
Conductor Mecánico (día) | 39,79 | 111,68 | 19.444,61 |
Conductor Gruísta (día) | 36,62 | 111,68 | 18.002,26 |
Operador de Grúa (día) | 33,46 | 111,68 | 16.564,46 |
PERSOAL SUBALTERNO | |||
Cobrador de Facturas, Telefonista, Porteiro e Vixiante | 866,57 | 111,68 | 14.338,71 |
Limpadora (por horas) | 11,40 | 111,68 | 6.527,16 |

