Resolución de 19 de agosto de 2020, de la Consellería de Economía, Empleo e Industria, por la que se ordena el registro, depósito y publicación del calendario laboral para el año 2020 del Convenio colectivo para el sector de derivados del cemento de la provincia de Pontevedra
- ÓrganoCONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPLEO E INDUSTRIA
- Publicado en
- Vigencia desde 01 de Enero de 2020. Revisión vigente desde 01 de Enero de 2020


Herramientas empresariales para la igualdad retributiva
LibrosDesde 27,66 €(IVA Inc.)Más info.La Mediación en el ámbito Jurídico-Laboral
LibrosDesde 31,62 €(IVA Inc.)Más info.La nueva pensión de jubilación, pública y privada, tras las últimas reformas
LibrosDesde 53,35 €(IVA Inc.)Más info.Capital Humano Sector Privado
Periódicos y Revistas314,08 €(IVA Inc.)Más info.Código Laboral y de Seguridad Social
CódigosDesde 28,65 €(IVA Inc.)Más info.TODO Social (Suscripción)
Obras Actualizables204,52 €
215,28 €(IVA Inc.)Más info.
Sumario

Visto o Acordo da Comisión negociadora do convenio colectivo para o sector de DERIVADOS DO CEMENTO da provincia de Pontevedra, polo que se establece o calendario laboral para o ano 2020, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da Asociación de Fabricantes de Derivados do Cemento (ASFADECE), e da parte social polos representantes das centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, en data 05 de marzo do 2020.
Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 09 de marzo do 2020.
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.- Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.-Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, Esta xefatura territorial,
RESOLVE
Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG nº 222, do 18.11.2010).
Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.
CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE DERIVADOS DO CEMENTO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA COMISIÓN NEGOCIADORA 05/03/2020
ASISTENTES
Representación Social Representación Empresarial
UGT: ASFADECE:
- • Juan José Santos Curras
- • José Mª Dios Villameá
DNI: DNI:
- • Francisco García Carrillo
DNI:
- • Alfonso Magán Carrillo
DNI:
CIG:
- • Xosé Xoán Melón González
DNI: 36.013.952-T
- • Xaquín Agulla Gómez
DNI:
- • Carlos Méndez Iglesias
DNI:
CCOO:
- • Ricardo O. Santos Reiriz
DNI:
- • José Manuel Gandara Fernández
DNI:
- • José Fernández Bardanca
DNI:
En Vilagarcía de Arosa, nos locais de Comisións Obrerias, sendo as 17:00h do día 5 de marzo de 2020, reunese a mesa da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo do Sector de Derivados do Cemento da Provincia de Pontevedra.
«Acordase por unanimidade asinar o calendario laboral con vixencia exclusiva para o ano 2020:
Segundo o artigo 35.- Xornada, do actual Convenio, no seu apartado a) que fixa unha xornada anual de 1736 horas e o apartado f), que fala de pactar un calendario laboral orientativo no convenio; ambas partes fixan os 12 días de axuste de xornada anual de convenio, remunerables para todas aquelas empresas que non dispoñan de calendario e traballen 40 horas das 48 horas semanais durante todo o ano e descansando os sábados seguintes a días festivos ou días de axuste de xornada (FC), os seguintes días:
- - 2 e 3 de xaneiro
- - 24 e 25 de febreiro
- - 20 de marzo marzo
- - 6, 7, 8 de abril
- - 7, 24, 30 e 31 de decembro
No caso de que aquelas empresas non disfrutaran dos días de axuste de xornada establecidos para os meses de xaneiro e febrerio (2 e 3 de xaneiro, 24 e 25 de febreiro) reflitidos no calendario adxunto a esta acta, gozaranos nos seguintes días:
Os días de descanso retribuido, sinalados no apartado anterior, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos as necesidades das partes.
Nos concellos en onde a festividade local coincida con día Non Laborable ou Festivos de Convenio por axuste de xornada, trasladarase o día laborable inmediatamente seguinte.
Para o susodito calendario laboral do ano 2020, e no caso de que á demora da sua publicación provoque que nalgunha empresa non se poida disfrutar de algún dos mencionados días de axuste de xornada (Festivos de Convenio), a empresa, previa negociación coa Representación Legal dos Traballadores/as ou a propia plantilla (en caso de non existir RLT), marcarán outra data para o seu disfrute antes do 31 de decembro do 2020.
As partes acordan autorizar a D. Ignacio Bouzada Gil, con DNI., do Consello Galego de Relacions Laborais, para proceder a realizar cantos trámites sexan necesarios ante a autoridad laboral para a inscripción e registro do presente acordo de calendario laboral na Plataforma Regcon, así como en tódolos rexistros correspondentes que sexan precisos, coa finalidade da sua validación e publicación.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 19:30h do día e lugar arriba indicados, do cal as partes dan fe coa súa sinatura.