Resolución de 23 de diciembre de 2020, de la Consellería de Empleo e Igualdad, por la que se ordena la inscripción en el registro y publicación del calendario laboral del año 2021 del Convenio colectivo del sector de rematantes, aserraderos y almacenistas de madera de la provincia de A Coruña
- ÓrganoCONSELLERÍA DE EMPLEO E IGUALDAD
- Publicado en
- Vigencia desde 01 de Enero de 2021. Revisión vigente desde 01 de Enero de 2021


Documentos sobre el impacto de las nuevas tecnologías en la gestión de las personas y en las relaciones laborales (14-17)
LibrosDesde 51,30 €(IVA Inc.)Más info.Los desafíos de la conciliación, la igualdad y la diversidad en la post-pandemia
LibrosDesde 24,70 €(IVA Inc.)Más info.Programa de especialización Gestión de igualdad laboral y de la Auditoría retributiva
FormaciónModalidad: E-Learning
Duración: 70 horas
Inicio: 27/09/2022
615,00 €(IVA Inc.)Más info.Planes de igualdad en las empresas. Procedimiento de elaboración e implantación
LibrosDesde 37,05 €(IVA Inc.)Más info.Capital Humano Sector Privado
Periódicos y Revistas272,00 €(IVA Inc.)Más info.TODO Social (Suscripción)
Obras ActualizablesDesde 176,70 €(IVA Inc.)Más info.
Sumario
- Expandir / Contraer índice sistemático
- INTRODUCCION
- CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE INDUSTRIAS DE REMATANTES E SERRADOIROS DE MADEIRA DA PROVINCIA DE A CORUÑA. ACTA APROBACIÓN CALENDARIO LABORAL
- CALENDARIO LABORAL 2021 CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE REMATANTES E SERRADOIROS DE MADEIRA DA PROVINCIA DE A CORUÑA

De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm. 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de octubre de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).
Considerando que a Xefatura Territorial de Emprego e Igualdade da Coruña é competente para resolver a inscrición do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de rematantes, serradoiros e almacenistas de madeira da provincia da Coruña, e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 57.2 en consonancia co artigo 28 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería de emprego e igualdade (DOG núm. 2563, do 17 de decembro de 2020) e coa disposición transitoria terceira do Decreto 130/2020, do 17 de septiembre, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia.
De acordo con todo o indicado, RESOLVO:
1. A inscrición do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de rematantes, serradoiros e almacenistas de madeira da provincia da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. A remisión do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de rematantes, serradoiros e almacenistas de madeira da provincia da Coruña ó Boletín Oficial da Provincia da Coruña para a súa publicación.
CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE INDUSTRIAS DE REMATANTES E SERRADOIROS DE MADEIRA DA PROVINCIA DE A CORUÑA. ACTA APROBACIÓN CALENDARIO LABORAL
ANO 2021
ASISTENTES
Parte empresarial:
ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE EMPRESARIOS DE REMATANTES E SERRADOIROS DE MADEIRA DE A CORUÑA
Parte sindical:
C.I.G.
U.G.T.
CC.OO.
Letrado-asesor:
En Santiago de Compostela, sendo as dezaoito horas do día tres de novembro de dous mil vinte, reúnense os membros da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Provincial de Industrias de Rematantes e Serradoiros de Madeira da provincia de A Coruña.
Aberta a sesión, acórdase estudiar e aprobar o Calendario Laboral para o ano 2021. Unha vez que con carácter previo á presente reunión ambas partes comunicáronse as súas respectivas propostas, acádase, por unanimidade, o acordo que se reproduce a continuación.
Apróbase o Calendario Laboral para o ano 2021, que comprenderá un total de MIL SETECENTAS CINCUENTA E DÚAS (1.752) horas efectivas de traballo.
Tendo en conta que no ano 2021 dous días festivos de ámbito nacional ou autonómico coinciden en sábado, para dar cumprimento ao límite das 1.752 horas efectivas de traballo é preciso fixar no calendario para o ano 2021 un total de OITO DÍAS FESTIVOS DE CONVENIO, días que serán os seguintes:
- – 15 de febreiro
- – 16 de febreiro
- – 16 de agosto
- – 11 de outubro
- – 7 de decembro
- – 24 de decembro
- – 30 de decembro
- – 31 de decembro
O calendario para o ano 2021 figura detallado no cadro anexo á presente acta.
Se en algún concello foxen sinaladas como festividades locais días que teñan o carácter de Festivo-Convenio ou sábado, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso, posterior.
Establécese de forma expresa que o Calendario Laboral aprobado será de aplicación nas empresas que non teñan aprobado calendario propio. En todo caso, o devandito calendario ten o carácter de orientador para as empresas, de tal xeito que o mesmo poderá ser modificado tendo en conta as demandas específicas de produción existentes en cada momento. Non obstante, de ser este o caso, o día ou días traballados que se correspondan con días festivos de convenio haberán de ser substituídos por outro día ou días equivalentes en cómputo horario. Con carácter xeral a empresa fará pública a modificación proxectada polo menos con cinco días de antelación á data de aplicación do cambio previsto, sen prexuízo de que tal período de preaviso sexa menor sempre e cando medie acordo entre empresa e traballadores.
Ambas partes deciden que este acordo entrará en vigor na data da súa firma con efectos a partir do día 1 de xaneiro do 2021, todo elo con independencia da data da súa publicación oficial.
Acórdase facultar e autorizar expresamente ao Letrado-Asesor Don Carlos Puga Trigás quen, presente, acepta a designación, para que proceda a completar tódolos trámites necesarios aos efectos de que polos órganos administrativos competentes se ordene a inscrición e o depósito do citado acordo no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión, asinando en conformidade a totalidade dos asistentes.