Resolución de 9 de febrero de 2021, de la Consellería de Empleo e Igualdad, por la que se ordena el registro, depósito y publicación del calendario laboral para el año 2021 del convenio colectivo del sector de la construcción de la provincia de Pontevedra
- ÓrganoCONSELLERÍA DE EMPLEO E IGUALDAD
- Publicado en
- Vigencia desde 01 de Enero de 2021
Sumario
- Expandir / Contraer índice sistemático
- INTRODUCCION
- INTRODUCCION
Visto o Acordo da Comisión Negociadora do convenio colectivo do sector da Construción da provincia de Pontevedra, polo que se establece o calendario laboral para o ano 2021, subscrito en representación da parte económica, por unha representación da Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP), e da parte social polas centrais sindicais FCM-CIG, Construción e Servizos CC.OO. e FICA-UGT, en data 17 de decembro do 2020.
Primeiro.- Dito Acordo foi presentado na Xefatura Territorial de Vigo en data 18 de decembro do 2020.
Segundo.- Que no mesmo non se aprecia ningunha infracción da legalidade vixente e as súas cláusulas non conteñen estipulacións en prexuízo de terceiros.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
Primeiro.- Que o artigo 90.2 e 3 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, do Estatuto dos Traballadores, outorga facultades a Autoridade laboral competente en orden ao rexistro, publicación, depósito e notificación dos Acordos Colectivos pactados no ámbito da súa competencia.
Segundo.- Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre Rexistro e Depósito dos convenios e acordos colectivos de traballo.
Terceiro.- Real decreto 2412/82, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,
Esta xefatura territorial,
RESOLVE:
Primeiro.- Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro do 2010 (DOG no 222, do 18.11.2010).
Segundo.- Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Terceiro.- Ordenar a notificación desta Resolución á Mesa Negociadora do mesmo.
CALENDARIO LABORAL
ACTA FESTIVOS 2021 | 17 Decembro 2020 |
ASISTENTES: | |
Representación Social: | Representación Empresarial: |
FCM-CIG: | ACP |
Xosé Xoán Melón González D.I.: 36.013.952-T | Jesús Fontán Piñeiro D.I.: 35.427.185-D |
Carlos Méndez Iglesias D.I.: 36.160.571-V | Manuel Fernández Morán D.I.: 34.870.987-C |
Ricardo Arias Alén D.I.: 36.125.539-Z | Elena Constenla Iglesias D.I.: 76.933.333-N |
Miguel Caruncho Campanario D.I.: 76.413.359-F | |
Construción e Servizos CC.OO.: | |
Valeriano González Alejandro D.I.: 36.070.219-D | Javier Carballeda Alonso 36.117.710-M |
Francisco Estévez Rodríguez D.I.: 36.064.859-P | |
FICA-UGT: | |
Fernando Granda Quintana D.I.: 50.436.203-D | |
José Carlos Casal Iglesias D.I.: 36,042.085-G |
En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, sendo as 12:00 horas do día 17 de decembro de 2020, reúnese a mesa da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo do sector da construción da provincia de Pontevedra.
Ambas partes acordan fixar para o ano 2021, os seguintes festivos de convenio:
Con vixencia exclusiva para o ano 2021, para adaptala xornada anual, se fixan como festivos de convenio e remunerábeis a tódolos efectos, os seguintes días:
- - 15 e 16 de febreiro, 22 de marzo, 25 de xuño, 26 de xullo, 13 de agosto, 11 de outubro, e 7, 23, 24 e 31 de decembro.
Nos concellos onde la festividade local coincida con día Non laborable ou Festivo de convenio, trasladarase ao día inmediatamente seguinte. Para o ano 2021 serán festivos de convenio os seguintes días:
- - 17 de febreiro: Cambados, Illa de Arousa, Meis, O Rosal, Salceda de Caselas, tomiño Tui, Vigo e Vilaboa.
- - 28 de xuño: A Estrada.
- - 27 de xullo: Cerdedo- Cotobade, Covelo, O Rosal, e Valga.
- - 13 de outubro: Portas.
Non obstante, estes días poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores. Así mesmo, en cada empresa fixarase no correspondente calendario laboral o resto dos días necesarios para axustarse á xornada anual máxima como non laborables retribuídos, por acordo entre a empresa e os traballadores.
Se autoriza a D. Ignacio Bouzada Gil, con número de D.I. 35.468.859-F, do Consello Galego de Relacións Laborais, para a inscrición deste acordo na Plataforma Regcon, así como en tódolos rexistros correspondentes para a súa validación e publicación.
Dándose por finalizada a reunión sendo as 13:00 horas do día e lugar arriba indicados, de todo o cal as partes dan fe coa súa sinatura.