Resolución de 26 de febrero de 2021, de la Consellería de Empleo e Igualdad, por la que se acuerda la inscripción y publicación del calendario laboral para el año 2021 del convenio colectivo para el sector de elaboración e instalación de piedra y mármol de la provincia de A Coruña
- ÓrganoCONSELLERÍA DE EMPLEO E IGUALDAD
- Publicado en
- Vigencia desde 30 de Diciembre de 2020
Sumario
Logo de constituírse a comisión negociadora do convenio colectivo sectorial de “Elaboración e instalación de pedra e mármore” da provincia da Coruña (código de convenio número 15000985011982 e publicado no BOP núm. 245 o 26 de decembro de 2019), subscríbese con data 30 de decembro de 2020 o calendario laboral do ano 2021 polas partes lexitimadas e solicítase a súa inscrición e publicación.
De acordo co disposto no artigo 90 e concordantes do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores (BOE núm 255, do 24 de outubro de 2015) e no artigo 2.1 e concordantes do Real Decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo (BOE núm. 143, do 12 de xuño de 2012), así coma na Orde do 29 de outubro de 2010 pola que se crea o rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 222, do 18 de novembro) modificada pola Orde do 14 de marzo (DOG núm. 60, do 26 de marzo de 2013).
Considerando que a Xefatura Territorial da Consellería de emprego e igualdade da Coruña é competente para resolver a inscrición do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de «Elaboración e instalación de pedra e mármore» da provincia da Coruña e para dispoñer a súa publicación segundo o disposto no artigo 62.2 en consonancia co artigo 28 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego e Igualdade (DOG núm. 2563, do 17 de decembro de 2020).
De acordo con todo o indicado, RESOLVO:
1. A inscrición do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de «Elaboración e instalación de pedra e mármore» da provincia da Coruña no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. A remisión do calendario laboral do ano 2021 do convenio colectivo sectorial de «Elaboración e instalación de pedra e mármore» da provincia da Coruña ao Boletín Oficial da provincia da Coruña para a súa publicación.
ACTA DA MESA NEGOCIADORA DO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL DE ELABORACIÓN E INSTALACIÓN DE PEDRA E MÁRMORE DE A CORUÑA
DATA: 30/12/2020
HORA: 16.00 horas
LUGAR: SEDE CIG SANTIAGO DE COMPOSTELA
POLA REPRESENTACIÓN SINDICAL:
CC.OO.
CIG
UGT
POLA REPRESENTACIÓN PATRONAL:
- - Marcos Zapata Díaz
- - Francisco J. Rodríguez del Río
- - Juan F. Pego Becerra
- - Francisco Javier Rey Álvarez
As partes estudan e aproban o calendario laboral que se aplicará durante o ano 2021. Despois dunha ampla deliberación acórdase por unanimidade dos membros presentes que o referido calendario comprenderá un total de MIL SETECENTAS CINCUENTA E DUAS (1.752) horas efectivas de traballo.
Do mesmo xeito, é preciso fixar non calendario para o ano 2021 un total de 9 DIAS FESTIVOS DE CONVENIO, dos que seis se fixan por esta comisión. Os tres restantes serán fixados en cada empresa segundo as normas ou costumes que se veñan utilizando para os días de libre disposición.
Noutro caso bastará a solicitude formulada polo traballador cunha semana de antelación, que so poderá ser denegada pola empresa por motivos organizativos, cando solicite o mesmo dia mais do 25% da plantilla ou cando a concesión do permiso o mesmo día a mais dun traballador conleve deixar sen servicio un departamento ou servicio.
4 de xaneiro | 5 de xaneiro |
11 de outubro | 7 de decembro |
24 de decembro | 31 de decembro |
O calendario para o ano 2021 figura detallado no cadro anexo á presente acta.
se nalgún concello fosen sinaladas como festividades locais día que teñan o carácter de Festivo-Convenio, establécese a súa substitución como día festivo polo día laborable inmediatamente anterior ou, no seu caso posterior.
O presente calendario será de aplicación naquelas empresas que non establezan ou teñan establecido un calendario propio. Nestes supostos prevalecerá o calendario de empresa.
Autorízase a D. Francisco Javier Rey Álvarez, con DNI 33256373Y, para que faga o rexistro da presente acta, e dos seus anexos.
E sen máis asuntos dos que tratar, levántase a sesión sendo as 18.30 horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.