Resolución de 30 de marzo de 2021, de la Consellería de Empleo e Igualdad, por la que se ordena el registro, depósito y publicación de las tablas salariales para el año 2021 del Convenio colectivo para el sector de transporte de mercancías por carretera de la provincia de Lugo
- ÓrganoCONSELLERÍA DE EMPLEO E IGUALDAD
- Publicado en
- Vigencia desde 01 de Enero de 2021. Revisión vigente desde 01 de Enero de 2021


La Mediación en el ámbito Jurídico-Laboral
LibrosDesde 31,62 €(IVA Inc.)Más info.2022 Práctica Laboral para abogados
LibrosDesde 86,94 €(IVA Inc.)Más info.Estatuto de los Trabajadores. Comentado y con Jurisprudencia (4.ª Edición)
LibrosDesde 176,85 €(IVA Inc.)Más info.Tiempo de trabajo, descansos y permisos retribuidos
LibrosDesde 30,63 €(IVA Inc.)Más info.Capital Humano Sector Privado
Periódicos y Revistas212,16 €
282,88 €(IVA Inc.)Más info.Código Laboral y de Seguridad Social
CódigosDesde 21,06 €(IVA Inc.)Más info.TODO Social (Suscripción)
Obras ActualizablesDesde 145,08 €(IVA Inc.)Más info.
Sumario
Visto o texto do acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2021 en relación ao Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da provincia de Lugo, (Código 27000505011982), asinado o día 9 de marzo de 2021, pola representación empresarial e da central sindical CC.OO. (66,67%), como membros da comisión negociadora e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
ASISTENTES
Pola parte empresarial
- ASOCIACIÓN DE TRANSPORTES DISCRECIONALES DE MERCANCÍAS POR CARRETERA [TRADIME]
JOSÉ MANUEL FLORES CASTRO D.N.I. nº 17.813.752E
JOSÉ FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ D.N.I. nº 33.350.060Z
AMADOR GARCÍA FERNÁNDEZ D.N.I. nº 33.992.368R
JESÚS ANTONIO SUÁREZ OLIVER D.N.I. nº 33.994.257G
- ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE AGENCIAS DE CARGA COMPLETA
JOSÉ MANUEL ALONSO CASTRO D.N.I. nº 33.854.549K
- POLA PARTE SINDICAL CC.OO. (66,67%)
MANUEL PAZ FLORES D.N.I. nº 33.850.075D
JOSÉ ANTONIO BRUZOS DÍAZ D.N.I. nº 33.317.073D
GUILLERMO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ D.N.I. nº 33.541.354V
MANUEL TRASHORRAS FERREIRO D.N.I. nº 33.306.220N
JOSÉ RAÚL RODRÍGUEZ VILA D.N.I. nº 33.334.079H
En Lugo, sendo as 12.00 horas da data 9 de marzo do 2021, reúnense na sede da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, 6-8, 2º.- Lugo] as persoas ao marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo, adoptándose, logo dos debates oportunos, os seguintes
ACORDOS:
PRIMEIRO. Aprobar a táboa salarial do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2021 ao 31 de decembro de 2021, para o que as partes contan coa capacidade legal necesaria e suficiente, segundo se acredita coa Acta de Constitución da Comisión Negociadora.
As partes asinantes acordan deixar sen efecto o pacto de incremento salarial para o ano 2021 (IPC real do ano anterior máis 0,5 puntos) toda vez que dito pacto daría lugar á conxelación dos salarios ao resultar negativo o IPC do ano 2020 en -0,5%, acordándose por unanimidade aplicar incremento consistente nº 0,5% sobre as táboas salariais do ano 2020.
SEGUNDO.- O importe do ano 2021 do plus de traballo en festivos será de 55,16 euros por cada festivo traballado.
TERCEIRO.- O importe do ano 2021 do complemento persoal de idiomas será de 131,36 euros mensuais.
CUARTO.- O importe do ano 2021 do plus de traballo en plataformas loxísticas con cámaras de conxelación previsto no artigo 21 do Convenio será de 83,77 euros mensuais e o importe para o ano 2021 do plus de refrigerado previsto no mesmo artigo será de 27,93 euros mensuais.
QUINTO.- O importe do ano 2021 do plus de quebranto de moneda será de 24,52 euros mensuais.
SEXTO.- Os importes do ano 2021 das axudas de custo serán os que figuran a continuación, sendo exixible o abono de tales importes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Destacamento: | 42,62 |
España e Portugal: | 49,36 |
Resto de Europa: | 61,31 |
Pola súa banda, o importe do ano 2021 das axudas de custo polo xantar, pola cea e polo almorzó previstas no artigo 23 do Convenio serán de 10,88 euros, 10,88 euros e 3,63 euros, respectivamente (xantar, cea e almorzo), sendo exixible o abono de tales importes dende a publicación da presente Acta no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
SÉTIMO.- Remitir as táboas salariais anexas do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadorías por Estrada da Provincia de Lugo á autoridade laboral competente aos oportunos efectos legais.
OCTAVO.- Cumplimentar os datos estadísticos recollidos no modelo Folla Estadística de Convenios Colectivos de Sector.
NOVENO.- Os atrasos aos que haxa lugar como consecuencia dos incrementos do ano 2021 serán aboados aos traballadores dentro do mes seguinte á publicación da presente Acta, e táboa salarial anexa, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
DÉCIMO.- Aos efectos do rexistro e depósito das táboas salariais do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadoría por Estrada da Provincia de Lugo con vixencia dende o 1 de xaneiro de 2011 ao 31 de decembro de 2021 autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular do D.N.I. núm. 33.321.188F, responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscripción correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de sinatura, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscripción, de canta documentación sexa necesaria para a mesma.
E non habendo máis asuntos que tratar, asinan a presente Acta, en proba de conformidade, en lugar e data indicados no encabezamento.
Fdo.: José Manuel Flores Castro | Fdo.: José Fernández Fernández | Fdo.: Amador García Fernández |
Fdo.: Jesús A. Suárez Oliver | Fdo.: José M. Alonso Castro | Fdo.: Manuel Paz Flores |
Fdo.: José Antonio Bruzos Díaz | Fdo.: Guillermo Fernández González | Fdo.: Manuel Trashorras Ferreiro |
Fdo.: José Raúl Rodríguez Vila |
TÁBOA SALARIAL 2021 CONVENIO TRANSPORTE MERCADORÍAS POR ESTRADA
Vixencia dende o 01/01/2021
GRUPO | SOLDO | PLUS | RETRIBUC. | |
POSTO DE TRABALLO | PROF. | BASE | CONVENIO | ANUAL |
PERSOAL TÉCNICO SUPERIOR | ||||
Subgrupo A
| ||||
Xefe de Servicio | I | 1.450,69 | 124,70 | 23.256,75 |
Inspector princial | I | 1.294,54 | 124,70 | 20.914,50 |
Subgrupo B
| ||||
Enxeñeiro e Licenciado | I | 1.288,18 | 124,70 | 20.819,10 |
Enxeñeiro Técnico e Auxiliar Titulado | I | 1.078,45 | 124,70 | 17.673,15 |
Axudante Técnico Sanitario | IV | 1.001,39 | 124,70 | 16.517,25 |
PERSOAL ADMINISTRATIVO
| ||||
Xefe de Sección | I | 1.110,76 | 124,70 | 18.157,80 |
Xefe de Negociado | I | 1.047,05 | 124,70 | 17.202,15 |
Oficial de 1ª | II | 981,91 | 124,70 | 16.225,05 |
Oficial de 2ª | II | 954,20 | 124,70 | 15.809,40 |
Auxiliar Administrativo | II | 954,20 | 124,70 | 15.809,40 |
PERSOAL DE AXENCIAS DE TRANSPORTE
| ||||
Encargado Xeral | I | 1.144,63 | 124,70 | 18.665,85 |
Encargado de Almacén | III | 1.101,28 | 124,70 | 18.015,60 |
Capataz | III | 1.057,94 | 124,70 | 17.365,50 |
Auxiliar de Almacén e Báscula | III | 954,20 | 124,70 | 15.809,40 |
Mozo Especializado (día) | III | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
Mozo Carga e Descarga e Reparto (día) | III | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
PERSOAL DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS | ||||
Xefe de Tráfico de 1ª | I | 1.144,63 | 124,70 | 18.665,85 |
Xefe de Tráfico de 2ª | III | 1.101,28 | 124,70 | 18.015,60 |
Xefe de Tráfico de 3ª | III | 1.057,94 | 124,70 | 17.365,50 |
Conductor Mecánico (día) | III | 34,24 | 124,70 | 17.075,60 |
Conductor (día) | III | 33,38 | 124,70 | 16.684,30 |
Conductor-Repartidor (día) | III | 34,24 | 124,70 | 17.075,60 |
Conductor Motocicleta e Furgoneta (día) | III | 32,39 | 124,70 | 16.233,85 |
Axudante (día) | III | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
Mozo Especializado (día) | III | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
Mozo (día) | III | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
PERSOAL DE GARAXES E APARCAMENTOS
| ||||
Encargado Xeral de 1ª | I | 1.144,63 | 124,70 | 18.665,85 |
Encargado Xeral de 2ª | I | 1.101,29 | 124,70 | 18.015,75 |
Encargado de Almacén | III | 1.057,94 | 124,70 | 17.365,50 |
Engraxador-Lavacoches (día) | IV | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
Garda Caixeiro (día) | IV | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
Garda de Noite e Día. Mozo (día) | IV | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
PERSOAL DE ESTACIÓNS DE LAVADO E ENGRASE
| ||||
Encargado de 1ª | I | 1.144,63 | 124,70 | 18.665,85 |
Encargado de 2ª | I | 1.101,29 | 124,70 | 18.015,75 |
Engraxador. Mozo de Servicio (día) | IV | 29,20 | 124,70 | 14.782,40 |
PERSOAL DE TRANSPORTE DE MOBLES, MUSANZAS E GARDAMOBLES
| ||||
Xefe de Tráfico | I | 1.144,63 | 124,70 | 18.665,85 |
Inspector Visitador | I | 1.101,28 | 124,70 | 18.015,60 |
Encargado de almacén gardamobles. Capataz | III | 1.057,94 | 124,70 | 17.365,50 |
Mozo Espacilizado (día) | III | 32,04 | 124,70 | 16.074,60 |
Mozo (día) | III | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
Carpinteiro (día) | IV | 33,02 | 124,70 | 16.520,50 |
Conductor Mecánico (día) | III | 34,24 | 124,70 | 17.075,60 |
Conductor (día) | III | 33,36 | 124,70 | 16.675,20 |
Conductor Furgoneta e Motocicleta (día) | III | 32,39 | 124,70 | 16.233,85 |
Capitonista (día) | III | 32,12 | 124,70 | 16.111,00 |
PERSOAL DE TALLERES
| ||||
Xefe de Taller | I | 1.187,06 | 124,70 | 19.302,30 |
Encargado ou Contramestre | I | 1.062,77 | 124,70 | 17.437,95 |
Encargado Xeral | I | 1.025,85 | 124,70 | 16.884,15 |
Encargado de Almacén | III | 986,78 | 124,70 | 16.298,10 |
Xefe de Equipo (día) | III | 34,71 | 124,70 | 17.289,45 |
Oficial de 1ª (día) | IV | 33,83 | 124,70 | 16.889,05 |
Oficial de 2ª (día) | IV | 32,39 | 124,70 | 16.233,85 |
Oficial de 3ª. Mozo de Taller (día) | IV | 31,85 | 124,70 | 15.988,15 |
PERSOAL DE GRÚAS
| ||||
Conductor Mecánico (día) | III | 44,43 | 124,70 | 21.712,05 |
Conductor Gruísta (día) | III | 40,88 | 124,70 | 20.096,80 |
Operador de Grúa (día) | III | 37,36 | 124,70 | 18.495,20 |
PERSOAL SUBALTERNO
| ||||
Cobrador de Facturas, Telefonista, Porteiro e Vixiante | IV | 967,56 | 124,70 | 16.009,80 |
Limpadora (por horas) | IV | 12,73 | 124,70 | 7.288,55 |
Lugo, 30 de marzo de 2021.-
A xefa territorial,
Pilar Fernández López.