Resolución de 15 de enero de 2021, de la Consellería de Empleo e Igualdad, por la que se ordena la inscripción, depósito y publicación de la revisión salarial y días inhábiles para el año 2021 del Convenio colectivo para el sector de la industria de ebanistería y afines de la provincia de Lugo
- ÓrganoCONSELLERÍA DE EMPLEO E IGUALDAD
- Publicado en
- Vigencia desde 01 de Enero de 2021
Sumario
Visto o acordo de revisión salarial e días inhábiles para o ano 2021 do Convenio Colectivo Provincial para a Industria de Ebanistería e Afíns de Lugo, (Código número 27000245011982) asinado o día 16 de decembro de 2020, pola representación patronal e das centrais sindicais U.G.T., CC.OO. e C.I.G., e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos e acordos colectivos de traballo, ACORDO:
PRIMEIRO: Ordenar a inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta xefatura territorial, así como o seu depósito.
SEGUNDO: Dispoñer a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
ACTA DE ACORDO CONVENIO COLECTIVO PROVINCIAL PARA A INDUSTRIA DE EBANISTERÍA E AFÍNS DE LUGO
ASISTENTES
- Por laAsociación Provincialde Empresarios de Ebanistería de Lugo
PATRICIA LÓPEZ LÓPEZ (DNI 33996961V)
MARIO CARBALLO LAMA (DNI 33316746G)
- Polas Centrais Sindicais UGT [53,85%]
CARLOS GARCÍA VAZQUEZ (DNI 11922182V)
DIEGO JOSÉ CHAO RUBAL (DNI 33998011D) CC.OO. [30,77%]
JOSE MANUEL BREA MÉNDEZ (DNI 33851807Q)
- CIG
ALFONSO LOSADA RODRÍGUEZ (DNI 76578117P
En Lugo, sendo as 11.00 horas do día 16 de decembro de 2020, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo [Pz. Santo Domingo, no. 6-8, 2º] as persoas á marxe relacionadas, membros todas elas da Comisión Negociadora do Convenio Colectivo Provincial para a Industria de Ebanistería e Afíns de Lugo.
Logo dos debates oportunos, adóptanse os seguintes
ACORDOS:
Primeiro.- Aprobar as táboas salariais para o ano 2021 do Convenio Colectivo Provincial para a Industria de Ebanistería e Afíns de Lugo de conformidade co previsto no artigo 10 do Convenio en vigor, para o que as partes contan coa capacidade legal necesaria e suficiente, segundo se acredita coa Acta de Constitución da Comisión Negociadora.
Segundo.- O importe do plus de especial cualificación previsto no artigo 32 do Convenio en vigor para o ano 2021 será de 663,24 euros anuales, a cobrar en doce mensualidades a razón de 55,27 euros mensuais.
Terceiro.- De conformidade co previsto no artigo 7 do Convenio Colectivo Provincial para a Industria de Ebanistería e Afíns de Lugo, para os supostos nos que tivera lugar no exercicio 2021 un exceso sobre a xornada anual de traballo de 1.752 horas, cada traballador/a disfrutará como días inhábiles ou non laborables e retribuidos os seguintes, nos termos indicados no texto do Convenio:
Cuarto.- Os atrasos por diferencias de salarios consecuencia da aprobación das táboas salariais do ano 2021 se abonarán aos traballadores no prazo de dous meses a contar dende a publicación das mesmas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Quinto.- Remitir a presente Acta á Autoridade Laboral competente aos efectos legais oportunos con canta información e documentación resulte necesaria.
Sexto.- Aos efectos do rexistro e depósito dos presentes acordos para o exercicio 2021 do Convenio Colectivo Provincial para a industria de ebanistería e afíns de Lugo, autorízase a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias, titular del D.N.I. núm. 33.321.188F, e responsable de negociación colectiva da Confederación de Empresarios de Lugo, á presentación da solicitude de inscripción correspondente ante o Rexistro da autoridade laboral competente, facilitando todos os datos relativos ás partes asinantes, data de firma, ámbito persoal, funcional, territorial e temporal e actividades económicas cubertas e cantos outros sexan necesarios. Do mesmo xeito se lle autoriza a Dª. Guadalupe Hervera Iglesias á presentación, xunto coa solicitude de inscripción, de canta documentación sexa necesaria para tal inscripción.
E en proba de conformidade, firman a presente Acta as persoas ao marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.
Fdo.: Patricia López López Fdo.: Manuel López Insua Fdo.: Mario Carballo Lama Fdo.: Carlos García Vázquez
Fdo.: Diego José Chao Rubal Fdo.: José M. Brea Méndez Fdo.: Alfonso Losada Rodríguez
TÁBOA SALARIAL 2021
CONVENIO COLECTIVO EBANISTERÍA DE LUGO
Vixencia dende o 01/01/2021 | ||
GRUPOS PROFESIONAIS | SALARIO MES | SALARIO ANUAL |
Grupo Profesional 1 | 1.636,58 | 22.912,12 |
Grupo Profesional 2 | 1.534,10 | 21.477,40 |
Grupo Profesional 3 | 1.431,96 | 20.047,44 |
Grupo Profesional 4 | 1.409,21 | 19.728,94 |
Grupo Profesional 5 | 1.381,58 | 19.342,12 |
Grupo Profesional 6 | 1.352,33 | 18.932,62 |
Grupo Profesional 7 | 1.352,33 | 18.932,62 |
Notas:
- (1) Os traballadores contratados como Oficiais de 1ª ao 6 de xuño de 2014 percibirán, a maiores do salario correspondente ao Grupo Profesional 5, o plus de especial cualificación previsto no artigo 32 do Convenio.
- (2) O importe do quinquenio consolidado para cada traballador será, no seu caso, o que tiveran recoñecido nas táboas salariais de aplicación no ano 2013.